Rudolf Arnheim

Infotaula de personaRudolf Arnheim

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento15 de xullo de 1904 Editar o valor em Wikidata
Berlín, Alemaña Editar o valor em Wikidata
Morte9 de xuño de 2007 Editar o valor em Wikidata (102 anos)
Ann Arbor, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlemaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Humboldt de Berlín Editar o valor em Wikidata
Director de teseMax Wertheimer Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoTeoría do cinema, media theory (en) Traducir, estudo da historia da arte, psychology of art (en) Traducir, filmologia (pt) Traducir, crítica de cinema (pt) Traducir e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Nova York (1940–2007)
Gran Bretaña (1939–1940)
Italia (1933–1939)
Berlín (1924–1933) Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , crítico de cinema , film scholar (en) Traducir , pedagogo , profesor universitario , historiador da arte , psicólogo , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade Harvard
Universidade de Míchigan Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua alemá e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsHelen Arnheim-Badt (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm2891752 Allmovie: p187940 BNE: XX1163519 Dialnet: 2008215 Editar o valor em Wikidata

Rudolf Arnheim, nado en Berlín o 15 de xullo de 1904 e finado o 9 de xuño de 2007, foi un autor de orixe alemá, teórico do cine e da arte e psicólogo perceptual. Aprendeu psicoloxía da Gestalt como alumno de Max Wertheimer e Wolfgang Köhler na Universidade de Berlín e aplicouno á arte.[1] A súa obra magna foi Arte e Percepción Visual: Unha psicoloxía do ollo criativo (Art and Visual Perception: A Psychology of the Creative Eye, 1954). Outros libros importantes escritos por Arnheim son Pensamento Visual (Visual Thinking, 1969), e O Poder do Centro: Un Estudo de Composición nas Artes Visuais (The Power of the Center: A Study of Composition in the Visual Arts, 1982). A arte e a percepción Visual foi revisado, ampliado e publicado como versión nova en 1974, e foi traducido a catorce linguas. Viviu en Alemaña, Italia, Inglaterra e os Estados Unidos, onde ensinou no Sarah Lawrence College, na Universidade de Harvard, e na Universidade de Míchigan. O seu traballlo influíu moito na historia da arte e na psicoloxía en América.

En Art and Visual Perception, Arnheim tenta utilizar a ciencia para entender mellor a arte. No seu libro posterior Visual Thinking, Arnheim analiza a suposición de que a linguaxe "vai antes" da percepción. Para Arnheim, o acceso único a realidade que temos é polos nosos sentidos. Arnheim tamén argumenta que a sensación é fortemente identificada co pensamento, e que a expresión artística é outro xeito de razoamento. En The Power of the Center, Arnheim sitúa a interacción de arte e arquitectura en concéntricos e enreixados patróns espaciais. Argumenta que a forma e o contido son indivisibles, e que os patróns creados polos artistas revelan a natureza de experiencia humana.

  1. Arnheim, Uta Grundmann and Rudolf Arnheim. "The Intelligence of Vision: An Interview with Rudolf Arnheim". cabinetmagazine.org (en inglés). Consultado o 2023-07-26. 

Developed by StudentB